Executa calquera acción con calquera disparador
Ferramenta de automatización para Android
Podes disparar automatizacións con tempo, etiquetas NFC, atallos na pantalla de inicio ou dispositivos Bluetooth. Deseñado para ser extensible, con máis disparadores previstos para o futuro como eventos do sistema, xestos, detección Wi-Fi…
Que podes automatizar? Actualmente, podes invocar outras aplicacións abrindo pantallas específicas, iniciando servizos ou enviando mensaxes. Tamén podes cambiar axustes do sistema, abrir paneis de axustes rápidos ou ir a páxinas de axustes específicas. E finalmente, podes conectar e desconectar dispositivos Bluetooth. Máis comandos están en camiño!
AGPLv3 protexe as túas liberdades como usuario. O código é mantido pola comunidade e calquera pode auditalo. Sen spyware. Sen recollida de datos. Sen publicidade encuberta. F-Droid asegura que os binarios se xeran só dende o código fonte publicado sen adicións ocultas.
Prestase especial atención ao soporte de linguas minoritarias e rexionais. Este é un esforzo comunitario; traduce o teu idioma con Weblate.